O 15 de setembro remata o prazo para solicitalo
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
Dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Sobrado está a planificar un novo servizo gratuíto de conciliación no CEIP Virxe do Portal, cuxo obxectivo fundamental é favorecer a conciliación familiar e laboral.
Este servizo de atención será gratuíto e estará destinado aos menores matriculados neste centro e que así o demanden. O horario será de luns a venres de 9:30 a 10:30 horas coincidindo co calendario anual escolar anual.
O prazo para solicitar este servizo xa está aberto e remata o 15 de setembro. Os interesados poden obter máis información nas dependencias municipais ou no teléfono 981 787 508.
Comments