Tamén acondicionará cerca de tres quilómetros de estrada dende o cruzamento de Sabugueira ata o da Capela de San Vitorio
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado dos Monxes segue acondicionando espazos no termo municipal. Nesta ocasión as iniciativas leváronse a cabo nas Cruces. As tarefas, que se enmarcan dentro das actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, incluíron: Retirada do empedrado que tiñan as árbores para darlles un espazo máis acorde, instalación de bancos e colocación dunha nova marquesiña.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_e2fca1ba7bf54cf781539bb55c874c76~mv2.jpg/v1/fill/w_768,h_1024,al_c,q_85,enc_auto/0216be_e2fca1ba7bf54cf781539bb55c874c76~mv2.jpg)
Por outra banda, acondicionará cerca de tres quilómetros de estrada dende o cruzamento de Sabugueira ata o da Capela de San Vitorio. As actuacións contan cun orzamento de 70.024 euros e están financiadas con cargo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Plan de mellora de camiños municipais.
O Concello tamén mellorará un tramo de 2.580 metros de longo e 3,7 de ancho nunha pista que dá acceso e conecta diferentes parcelas agrícolas. "Dende o Concello seguimos coa mellora de infraestruturas e vías de comunicación do termo municipal".
Comments