O Concello de Sobrado informa que mañá haberá un corte no subministro de auga en varios puntos
- ecosdacomarca

- 20 dic 2021
- 1 Min. de lectura
Será a partir das 16:00 horas ata a última hora da tarde
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado dos Monxes informa que mañá, martes 21, haberá un corte na subministración de auga municipal para poder levar a cabo tarefas de mellora no servizo.
Producirase a partir das 16:00 horas e o servizo volverá establecerse a última hora da tarde.
As zonas afectadas incluirán a marxe dereita da estrada que comprende o cruce das Casiñas, Porta, Alvariza, Santiago do Campo, Vilanova, Acea, Outeiro, Cotarón, O Castro, Pontepedra e Vilarchao.







Comentarios