As entradas poderán retirarse ata o día 7
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado dos Monxes organiza para o 14 de xuño a XXVI Festa dos Maiores. A xornada festiva incluirá misa e xantar.

Así a cita comezará con misa na igrexa de San Pedro de Porta ás 13:00 horas. Seguidamente, sobre as 14:00 horas, terá lugar o xantar de irmandade no pavillón polideportivo municipal.
Publicidade
Os interesados xa poden retirar as súas entradas que estarán dispoñibles ata o 7 de xuño. Será necesario entregala para poder acceder ao lugar da celebración.
Yorumlar