A administración local presentará alegacións
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado manifesta o seu rexeitamento ao parque eólico Alto dos Borrallos e anuncia que realizará as alegacións oportunas. Está á espera de que a área de Industria e Enerxía da delegación do goberno en Galicia envíe a notificación oficial á Administración local.
O Concello informa de que se realizarán as alegacións necesarias tendo en conta o impacto negativo que pode provocar o parque nas parroquias de Roade, Cumbraos, Grixalba e A Ciadella.
En canto se notifique a actuación ao Concello, poñerase a disposición da cidadanía un servizo de asesoramento con persoal técnico cualificado para poder colaborar coa veciñanza afectada na redacción de alegacións.
A partir do luns, 7 de xuño, poderanse consultar os planos do proxecto nas oficinas municipais, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Comments