top of page
Buscar

O Concello de Sobrado dos Monxes mellorará un novo tramo do paseo da Lagoa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A Administración autonómica achegará 36.000 euros para recuperar 120 metros cadrados de pasarela e instalar paneis informativos


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O equipo de goberno local de Sobrado dos Monxes mantén a súa aposta por acondicionar os espazos de maior valor turístico do municipio e impulsa un acordo asinado entre o Concello e a Xunta de Galicia para renovar un tramo da pasarela. A Administración autonómica achegará 36.000 euros para recuperar 120 metros cadrados de pasarela e instalar paneis informativos.


O alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, destacou que estas obras suporán "seguir poñendo en valor este espazo de enorme riqueza natural e que é, ademais, un dos reclamos turísticos do concello".


A estas actuacións súmanse outras executadas previamente como a renovación dunha parte do paseo para mellorar a seguridade e accesibilidade e a colocación dun conxunto de letras co nome do municipio.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este mércores a pasarela peonil da lagoa de Sobrado, acompañado do alcalde. O representante do Goberno autonómico fixo fincapé no apoio que o Goberno galego está despregando para fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos destes municipios con menor poboación.


“Buscamos seguir consolidando a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”, explicou Trenor, quen destacou que esta pasarela é un bo exemplo deste tipo de actuacións que se poderán beneficiar desta liña de axudas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page