top of page

O Concello de Sobrado dos Monxes celebrará o 2 de xuño a II Cea da Irmandade

Xa está aberto o prazo ata o 29 deste mes para retirar as tarxetas de invitación

Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O vindeiro 2 de xuño terá lugar a II Cea de Irmandade en Sobrado dos Monxes. Tal e como informa o Concello poderá asistir toda a veciñanza empadroada con idades comprendidas entre 18 e 59 anos.


A noite estará amenizada por unha orquestra e a cita será no pavillón polideportivo municipal ás 21:30 horas.

Os interesados en asistir deberán retirar a tarxeta de invitación entre os días 15 e o 29 de maio na Casa do Concello, tarxeta que deberán presentar o día da celebración.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page