top of page

O Concello de Sobrado desprega os seus encantos a través dun vídeo promocional

Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado desprega os seus encantos nun vídeo promocional co que pretende impulsar o turismo. O alcalde, Lisardo Santos, presentou este domingo o vídeo aos veciños e veciñas do concello na Praza do Portal, lugar no que se instalou unha carpa para proxectar a peza e a súa "making of".


Santos tamén presentou con anterioridade o vídeo ás autoridades, co obxectivo de darlles a coñecer a oferta turística municipal e crear novas sinerxias para impulsar xuntos e xuntas o territorio. No vídeo proxéctanse lugares como o Mosteiro de Santa María, o campamento romano da Ciadella, o Museo Bea Rey, a carballeira da Casa do Gado, a lagoa de Sobrado ou Pena Moura, así como produtos gastronómicos locais.

O vídeo promocional de Sobrado dos Monxes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page