top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Sobrado abrirá no verán a ludoteca para favorecer a conciliación familiar

Poderán asistir os cativos de tres a 12 anos e hai prazas limitadas


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado informa que coa chegada do verán tamén chega a ludoteca. Un espazo de lecer dirixido aos cativos e que permitirá favorecer a conciliación familiar ao longo do periodo estival.


Esta iniciativa desenvolverase dende o 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de 10:00 a 13:30 horas. E está dirixida a nenos de tres a 12 anos. As prazas son limitadas e as solicitudes poderán presentarse na Casa do Concello ata o 25 de xuño. Terase en conta a orde de inscrición e terán preferencia os cativos empadronados


Esta proposta está subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e a Unión Europea.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page