top of page

O Concello de Silleda xestionou a retirada de 50 vehículos abandonados no que vai de ano

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A día de hoxe xa foron sacados a maioría deles (en concreto 42), moitos deles estacionados na vía pública


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xestionou no que vai de ano a retirada dun total de 50 vehículos en estado de abandano. Ademais das denuncias formuladas por axentes da Garda Civil, na maioría dos casos a actuación de oficio por parte da Polícía Local permitiu iniciar os expedientes.


No caso desta última xestión, case todos os vehículos identificados e denunciados estaban situados na vía pública, incumprindo polo seu estado tanto o regulamento xeral de circulación como a lexislación vixente en materia medioambiental. Dos 50 vehículos –tanto turismos como furgóns- que foron denunciados no municipio de Silleda no que vai da anualidade de 2021, só restan oito por retirar, cuestións que se agarda nas vindeiras semanas.

“A presenza de vehículos en evidente estado de abandono na vía pública é unha cuestión que vén preocupando ao Concello e a moitos veciños e veciñas nos últimos anos”, explica o alcalde Manuel Cuiña, que destaca o aumento na retirada respecto ao ano anterior. Así, en 2020 foron 19 os vehículos denunciados por estado de abandono no municipio de Silleda, co que o número de casos supuxo un considerable aumento neste exercicio.


O abandono de vehículos en mal estado na vía pública está recollido ademais na Ordenanza de Convivencia, Residuos, Limpeza Viaria e Ornato do Concello de Silleda como falta grave, con sancións que poden oscilar entre os 301 e os 1.000 euros de multa.



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page