top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda xa está a preparar as piscinas municipais para a tempada estival

A previsión da Concellería de Deportes pasa por abrir as instalacións de

Silleda e A Bandeira na primeira semana de xullo


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Deportes de Silleda está xa a traballar na posta a punto das piscinas municipais de Silleda e da Bandeira para a tempada estival. As tarefas de limpeza e acondicionamento comezaron xa a pasada semana nos dous recintos que abrirán as súas

portas ao público o vindeiro mes. A previsión do Concello pasa por abrir as piscinas na primeira semana do vindeiro mes de xullo, como vén sendo habitual nos últimos anos.


Preparación piscinas de Silleda.

A posta a punto das piscinas municipais incluirá tamén a mellora e adecentamento das instalacións, co pintado de fachadas compleando así reformas coma a dos vestiarios e aseos de Silleda, aínda sen estrear aoestar pechados polas restriccións covid no pasado verán.


Por outra banda, e tamén de cara á apertura das piscinas municipais o goberno municipal ten previsto aprobar nos vindeiro días en xunta de goberno as bases para a contratación dos tres socorristas que atenderán nesta tempada estival os dous recintos. O custe da entrada será de 1 euro, tal e como se recolle na ordenanza de instalacións deportivas, e abonarase nas propias instalacións. Tamén se prevé retormar a emisión de bonos para toda a tempada para as persoas e familias residentes en Silleda, con prezos máis vantaxosos e que se expiden no propio Concello. O pasado ano, debido ás restriccións por mor da pandemia e as limitacións en canto a número de persoas usuarias non se expediron estos bonos, que agorá se retormará cun prezo de 20 euros, para adultos, e de 16 euros para nenos e nenas ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.


Así mesmo, as persoas que estén empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Para os dous cónxuxes custarán 20 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, o segundo só pagaría 8 euros, e un terceiro fillo (ou a partir do terceiro) iría gratis co bono familiar.


Cursos de natación

Por outra banda, o Concello de Silleda tamén ten previsto retomar os cursos de natación nas piscinas municipais en xullo e agosto. Nas vindeiras semanas estableceránse, en funcións das medidas que se dicten para este tipo de instalacións, as condicións de participación nesta iniciativa.


0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page