top of page

O Concello de Silleda xa abonou as nóminas pendentes da plantilla do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Tamén pagou as débedas ca Seguridade Social e Facenda e ao decreto de medidas cautelares para evitar anteponer o pago de futuras nóminas ante a posibilidade de novos embargos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda procedeu na xornada deste luns ao abono das nóminas pendentes das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), despois de que o pasado 20 de xaneiro a empresa adxudicataria renunciara a seguir ca concesión por problemas financieiros. A concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, xa informou ese día aos representantes sindicais do abono das nóminas, por unha cantidade global que supera os 66.000 euros.

Así mesmo, tamén se formalizou o pago das débedas correspondentes aos embargos de Facenda (12.757,59 euros) e a Seguridade Social, con outros 53.139,80 euros. Do mesmo xeito, dende o Concello de Silleda tamén se dictaron medidas cautelares para evitar que –no caso de aparecer novos embargos- se poidan abonar as nóminas igualmente.


“Con esto temos xa liquidado o groso da débeda recoñecida a día de hoxe”, explica o alcalde, Manuel Cuiña. Dende o goberno municipal, o rexedor lembra que o pago dos atrasos era a “máxima prioridade” do executivo silledense, e agradece o esforzo realizado polo personal técnico do Concello para buscar a fórmulas que permitiu abonar as cantidades adebedadas nun prazo relativamente curto.

“Foi un proceso case contrareloxo, no que houbo que ata adquirir un programa informático para proceder ao pago das nóminas que estaban pendentes. Pero por fin, despois do esforzo do personal de Intervención que se adicou en exclusiva durante varias xornadas a este tema, hoxe as nóminas pendentes están xa pagadas, así como os embargos con Facenda e Seguridade Social”, sinala agradecendo tamén a colaboración de todas as partes implicadas para poder realizar este trámite.


Dende que o 20 de xaneiro se coñeceu a decisión da empresa de rescindir o contrato (con data efectiva de finais de xaneiro), realizáronse varias reunións de traballo e unha asamblea con todo o personal que traballa no servizo. O proceso para subrogar ao personal continúa adiante con varios frentes e prazos legais que deben cumprirse e que están a dilatar o proceso.


“Sabiamos que non ía ser fácil, igual que sabemos que para o Concello de Silleda é complicado asumir de golpe 40 persoas máis en plantilla, cunhas características dos postos de traballo moi diferentes aos actuais no cadro de personal municipal e que esixen unha adicación no ámbito administrativo da que non dispoñemos a día de hoxe”, explica Cuiña.


“Hai total colaboración e esperamos buscar a mellora solución para todas as traballadoras e para as persoas usuarias do SAF, un servizo básico e esencial que se presta neste municipio”, engade. Dende os servizos xurídicos do Concello estase tamén a traballar ante a nova situación do servizo en Silleda, a fin de buscar a mellor das solucións posibles.

A plantilla volverá a cobrar o salario deste mes de febreiro directamente do Concello a final deste mes.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page