top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda volve a promocionar os seus recursos turísticos na Semana Verde

Na fin de semana haberá degustacións da Festa do Lacón, Festa da Empanada, Festas dos Callos, Festa da Paella e Romaría da Tortilla no espazo Festur


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda volve estar presente na Feira Semana Verde de Galicia, cun stand no que se promocionarán os recursos turísticos e patrimoniais do municipio anfitrión deste certame.


O stand contará cun diseño renovado e innovador, no que non faltará a maqueta de madeira do mosteiro de Carboeiro e a réplica da Virxe do Leite, así como outros recursos turísticos e históricos das terras de Trasdeza.

No plano gastronómico volven tamén as degustacións ofrecidas polas organización de cinco das festas culinarias que se celebran en Silleda. Así, no apartado Festur estarán presentes a Festa do Lacón de Silleda (venres ás 19:00 horas); a Festa da Empanada da Bandeira (sábado ás 18:00 hroas), a Festa dos Callos de Ansemil-Martixe (sábado ás 19:00 horas), a Festa da Paella de Cortegada (sábado ás 20:00 horas) e a Romaría

da Tortilla de Laro (domingo ás 13:30 horas).

Así mesmo no stand os visitantes poderán degustar nas xornadas de sábado e domingo as

afamadas Rosquillas de Abades. Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración de todas as comisións organizadoras nesta iniciativa promocional dos sabores de Silleda.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page