A Concellaría de Normalización Lingüística volve dotar ao sector de cartaces e adhesivos para a campaña de verán que se entregarán de xeito gratuíto no Centro Social de Silleda
Laura Moure/Silleda
Dende o Concello de Silleda veñen realizándose actividades de fomento e promoción do uso do galego en diversos ámbitos da vida dos silledenses. Este ano, coincidindo unha vez
máis ca tempada de rebaixas de verán, volve activarse esta iniciativa dirixida a todos os comercios do municipio. “Entendemos que o fomento da utilización da lingua galega depende de múltiples axentes que deben traballar cun mesmo obxetivo. Dende este Departamento preténdese a promoción e posta en marcha de iniciativas que se sumen ás impulsadas por outros intermediarios nas distintas esferas da vida social dos veciños e
veciñas do noso municipio”, indica a concelleira de Normalización Lingüística, Ángela Troitiño.
Estas actividades, unidas ás levadas a cabo por outras intitucións públicas e/ou privadas, supoñen un incentivo á hora de difundir e promocionar o uso do galego por parte dos veciños e das veciñas de Silleda. As campañas comerciais nas que o volumen de interacción entre os distintos axentes implicados na compra-venta de artigos son maiores, polo que se aposta por usar a lingua galega para fomentar bos hábitos comunicativos (tanto na fala como na escrita).
Froito desta intención naceu a campaña ‘O meu comercio? En galego!, na que se englobarán as iniciativas que se leven a cabo no sector de cara a promocionar o uso do
galego no comercio local. Así, dende este mes de xullo activase a campaña Rebaixas en
galego,unha iniciativa que foi moi ben acollida por parte dos comercios en edicións anteriores. Trátase do deseño, edición e impresión dos cartaces informativos para a súa colocación durante as épocas de rebaixas nas vidrieiras, de cara a evitar a publicidade en castelán nos escaparates da rúa.
Tamén se editarán pegatinas para as vidrieiras co lema Non deixes a lingua na porta, entra! Atendémoste en galego. Son pegatinas para colocar na entrada do local comercial. Tamén durante o Nadal se vén celebrando nos últimos anos a campaña Silledagasalla, ca implicación da comunidade educativa. A participación en calquera destas actividades é totalmente de balde para os comerciantes silledenses.
As iniciativas Rebaixas en galego e as pegatinas Non deixes a lingua na porta xa se poden retirar. Para obter os cartaces e as pegatinas, hai que dirixirse ao Departamento de Normalización Lingüística sito no Centro Social de Silleda, achegándose ás oficinas ou a través do teléfono 986 592 037. Así mesmo, tamén se pode contactar a través do correo
electrónico sara.blanco@silleda.gal “Emprazamos a todas as persoas comerciantes a participar desta campaña que cremos tan necesaria para fomentar o uso a lingua galega
no noso municipio”, sinala a concelleira silledense.
Actos este sábado
Este sábado dentro da programación cultural de Silleda ás 19:30 horas na praza da Feira da Bandeira terá lugar o 35 Festival de Baile e Música Tradicional de Xirandola. O aforo será limitado e o público deberá de permanecer sentado na zona acotadae recomendándose o uso da máscara, que si utilizarán os bailaríns. Este ano o regreso do festival, dadas as circunstancias sociosanitarias, non contará como é habitual con grupos convidados, só con membros da escola de Xirandola.
Tamén este sábado a Fundación Roberto Rivas celebra co escritor Manuel Vilas o programa Conexións culturais en Sestelo, que inclúe unha visita ás 12:00 ao mosteiro de Carboeiro.
Comments