Trátase dunha actuación estrutural que non se fixo e as filtracións está xa a afectar aos falsos teitos que se colocaron recentemente
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de solicitar á Consellería de Educación o arranxo en condicións dunha das cubertas do CEIP de Bandeira, que leva tempo dando problemas. Trátase dun teito a modo terraza que filtra auga no interior por problemas estruturais que son xa coñecidos na delegación de Educación. A Consellería realizou recentemente actuacións no centro colocando falsos teitos que na zona onde se ubica esta cuberta están xa danados
polas filtracións de auga.

“O lóxico sería que se fixeran primeiramente reformas estructurais, xa que agora se está botando a perder o traballo recente de dotación de falsos teitos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. Dende o Concello vense tratando de dar respostas puntuais a estas filtracións, se ben ao tratarse dun problema na estructura o mantemento non deu resultado ata o momento neste centro, que se estrenou no ano 1977.
Dende o Concello tamén se agarda que a remodelación dos baños no CEIP de Silleda se poida acometer no menor prazo de tempo posible así como outras actuacións ainda pendentes no edificio principal.
댓글