Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda restaura o mural das palabras en galego da rúa Emilio Alonso Paz. Este emblemático mural, que se inaugurou en 2009, está sendo reparado polos seus autores, de Coas Mans Artesanía.
O Concello de Silleda continúa ca restauración dos murais da vila de Silleda. Así, logo de arranxar o do pan, na praza Benito Rivas, e o da Música, na praza da Igrexa, estes día estase a traballar no coñecido como Mural das Palabras en Galego, na rúa Emilio Alonso Paz.
Publicidade
Toño González e Lucía Ares, de Coas Mans Artesanía, que no seu día realizaron o mural, están a traballar na súa restauración. Este emblemático mural, promovido no seu día por Olaia, realizouse en dúas fases. Nunha primeira pintáronse as 113 palabras máis fermosas en galego para conmemorar o Día das Letras, e con posterioridade, en 2015, a veciñanza elixiu textos e frases en galego aportando cadanseu azulexo.
Publicidade
Agora, cas obras de restauración deste emblemático mural o Concello busca seguir poñendo en valor esta obra que é xa un referente e que forma parte do legado do muralismo co que conta a vila, promocionando así o municipio dende o punto de vista tanto cultural como turístico.
Comments