top of page

O Concello de Silleda reparte entre a mocidade un agasallo conmemorativo do Día das Letras Galegas

Entregaranse dende o martes 16 na Casa da Xuventude da localidade


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Normalización Lingüística de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, repartirá entre a mocidade empadroada neste municipio un agasallo conmemorativo do Día das Leras Galgas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego.


Estes soportes para dispositivos móbiles feitos en madeira, repartiranse de xeito gratuito (ata esgotar existencia) entre a poboación máis nova, de 12 a 30 anos de idade. Poderán retirarse dende o vindeiro martes 16 na Casa da Xuventude (rúa do Trasdeza) presentando o documento de identidade.

ree

Esta acción de difusión enmárcase na programación que está a levar a cabo o Concello de Silleda con motivo do Día das Letras, e que continuará na biblioteca municipal Daniel Castelao (sita no mesmo edificio) o vindeiro mércores día 18 cun concerto de música tradicional na rúa, no que participarán o Grupo de Gaitas da EMUSI, -que dará un pasarrúas- o grupo de Acordeóns da citada escola, e como remate final un concerto a partir das 13:00 horas de Anxo Lorenzo Band.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais o xoves 18 na biblioteca celebrarase un obradoiro sobre a figura de Del Riego , dirixido especialmente a nenos e nenas a partir de 6 anos.


Por outra banda, tamén na propia biblioteca se pode ver xa durante estes días unha mostra que recolle a vida e traxectoria do autor.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page