O Concello de Silleda repara o chan do pavillón do CEIP de Silleda
- ecosdacomarca
- 4 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Os traballos de reparación e mantemento súmanse aos da primeira fase de pintado do centro, aproveitando as vacacións de Nadal do alumnado
Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda está a acometer esta semana os traballos de reparación no chan do pavillón deportivo do CEIP de Silleda. Esta actuación realizase para o correcto mantemento das instalacións, aproveitando que o centro está pechado polas vacacións de Nadal, ao igual que os traballo de pintado do edificio principal.
Publicidade
O pavillón anexo ao centro é unha das instalación máis usadas polo alumnado do centro, que tamén vén usando nos últimos anos o pavillón municipal César G. Fares polas mañás para complementar as clases de Educación Física.
Publicidade
Esta actuación de mellora do pavimento do chan, súmase á primeira fase de pintado do centro. As tarefas neste caso continuarán nas próximas vacacións, xa que se trata de tarefas que deben realizarse fóra da actividade habitual.
A seguinte fase continuará con máis aulas, pasillos e espacios interiores, rematando ca
fachada principal do centro, tarefa que debe facerse cando a climatoloxía o permita e
con tempo seco.
Publicidade
Se ben se tratou de aproveitar para o pintado da fachada principal a instalación dos
andamios o pasado verán durante as obras da cuberta, a distancia destes á parede do
edificio no cumprían os parámetros para realizar as tarefas de pintado.
Comments