O Concello de Silleda renovará 70 farolas e luminarias no centro da vila
- Laura Moure
- 11 may
- 2 Min. de lectura
Esta actuación, que comezará a vindeira semana, inclúe a renovación total de columnas e luminarias nas rúas María Colmeiro, Venezuela, Antón Alonso Ríos e ronda e praza de Outeiro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda a través do programa Silleda é Luz continúa ca renovación de farolas e luminarias no municipio. Así, na vindeira semana está previsto o inicio de substitución de todas as columnas e luminarias nunha das zonas máis céntricas da capital municipal. Esta actuación afectará aos tramos de María Colmeiro, Venezuela, Antón Alonso Ríos, e ronda de Outeiro, incluíndo a praza e o seu entorno.

En total renovaránse 70 farolas, con columnas feitas en material non metálico, o que supón un mellor aillamento eléctrico, co que aumenta a seguridade, así como maior durabilidade e resistencia á oxidación.
Nas rúas Venezuela e María Colmeiro substituiránse os 50 puntos existentes, cunha maior altura respecto ás actuais para lograr unha iluminación máis uniforme. As columnas pasarán de 3,5 a 5 metros, e as luminarias de LED tamén se renovarán na sua totalidade.
Publicidade
No caso das rúas Antón Alonso Ríos e ronda de Outeiro (dende o cruce con Progreso) as columnas pasarán de 4 a 8 metros de altura, a fin de cubrir un maior ángula. En total renovaránse as 20 unidades existentes, incluindo as da praza de Outeiro. Os traballos, que forman parte das melloras ofertadas por Ferrovial, veñén a sumarse a outras actuacións realizadas nos últimos meses.
Así, na rúa da Estación cambiáronse todas as columnas e luminarias por outras máis elevadas (substituíndo ás antiguas de fundición), ao igual que nos tramos de Camiño do Castro e Condes do Deza.
Publicidade
Tamén se reforzou a iluminación con novos puntos no cruce entre a rúa Progreso e a rúa Emilio Alonso Paz de Silleda e se renovaron as existentes no centro da Bandeira, na rúa Xeral. Así mesmo, tamén se executou o reforzo de iluminación nos pasos de peóns non semaforizados de Silleda e Bandeira na N-525. “Cada mellora conta, e seguiremos traballando nesta mesma liña”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, resaltando a importancia de garantir a seguridade das persoas.
Comments