O Concello de Silleda renova as redes no campo de fútbol de Outeiriño
- Laura Moure
- 1 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Procedeuse á substitución das antigas situadas detrás dunha das porterías, na zona de paso do público
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continúa ca mellora das infraestruturas deportivas. Así na xornada de onte procedeuse ao cambio de redes protectoras no campo de fútbol municipal de Outeiriño.

O tramo, de algo máis de 45 metros de lonxitude renovouse por completo con esta dotación, que mellorará as condicións de xogo e a seguridade do público asistente. Estas redes estaban situadas detrás dunha das porterías, separando o terreo de xogo da zona de paso do estadio.
Con esta actuación, continúouse cas melloras levadas a cabo neste recinto, onde tamén se renovaron un dos vestuarios, compartidos co recinto da piscina municipal, e se procedeu ao cambio de canalóns, e ao pintado da fachada exterior, entre outros.
Nos vindeiros meses dende o Concello de Silleda continuarase con máis actuacións de mellora en varias instalacións deportivas do municipio.
Comments