top of page

O Concello de Silleda renova as farolas e luminarias na rúa da Estación

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta actuación, que tamén inclúe a zona de Camiño do Castro, forma parte das melloras do contrato Silleda é Luz


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda a través do programa Silleda é Luz está a renovar as farolas e luminarias en varios puntos do municipio. Así, nesta semana iniciáronse os traballos de substitución de todas as farolas da rúa da Estación, dende a rotonda ata a rúa Progreso. A substitución, tanto da farola (por outras de maior altura) como das luminarias, agora con tecnoloxía LED, xa está efectuada nunha das marxes deste tramo, un dos principais accesos á vila de Silleda. Nos vindeiros días rematarase o proceso en toda a rúa.

Esta substitución, que afectará tamén á zona de Camiño do Castro, no entorno da praza Mestre Mateo, e a rúa Condes do Deza forma parte das melloras do contrato Silleda é Luz, ca empresa Ferrovial. En total sustituiránse 29 columnas e luminarias na rúa Estación , outras 7 na rúa Camiño do Castro e 5 en Condes do Deza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Entre as melloras figuran tamén a renovación das farolas na praza de Juan Salgueiro, para as que se buscará unha solución técnica e estética nos próximos meses, acorde a situación desta céntrica praza.


A través do contrato de servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado do Concello de Silleda, que executa a empresa Ferrovial, cambiánse a LED todas as luminarias do municipio (máis de 3.320 puntos de luz), dentro das 4.264 da rede de liuminación, así como todos os cadros eléctricos (un total de 190), o que permitirá un aforro estimado do 81,56% en consumo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información desta empresa.

No que respecta á renovación do alumeado, este novo proxecto prevé reforzos nos pasos de peóns e rotondas, así como o refozo da iluminación en puntos como a intersección entre a rúa Progreso e a rúa Emilio Alonso Paz de Silleda, onde está previsto colocar dous novos puntos de luz. O citado novo contrato do alumeado público inclúe tanto a renovación, como o subministro enerxético e o seu mantemento.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page