top of page

O Concello de Silleda remite ás casas o manual de boas prácticas alimentarias

Esta semana iniciouse o buzoneo ás vivendas dos dous cascos urbanos con folletos informativos sobre a separación de residuos e contra o desperdicio de alimentos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, durante esta semana, estará buzoneando todos os domicilios de Silleda e Bandeira, con material informativo sobre a correcta separación de residuos, así como algúns consellos e boas prácticas para previr o desperdicio de alimentos e reducir así a xeración de residuos.

Con esta acción, quérese reforzar a mensaxe de aportar cada residuo ao colector que lle

corresponde, chamando á cidadanía a corresponsabilizarse, así como da importancia da prevención de residuos, para reducir o impacto ambiental do noso municipio.


Guía de separación de residuos

Coa incorporación do colector marrón o pasado mes de xaneiro, xa son cinco as fraccións que a cidadanía atopará en todas as illas de colectores. Agora, practicamente todos os residuos que se xeran en casa poden ir a un dos colectores de reciclaxe (envases lixeiros, papel, envases de vidro e orgánica), deixando para o colector de resto so algúns dos residuos domésticos, esencialmente produtos de hixiene íntima, produtos de limpeza,

cabichas de cigarro e o polvo de varrer.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Manual de boas prácticas alimentarias

Os residuos orgánicos supoñen entre o 40% e o 50% dos residuos xerados nas casas. Ademais, moitos destes poderíanse evitar introducindo algunhas boas prácticas para non ter que tirar comida ao lixo. Cabe recordar que a prevención (reducir e reutilizar) de residuos é a mellor das alternativas que temos sobre a xestión de residuos, mesmo por diante da propia reciclaxe, como ben propón o lema das “3 R”: Reducir – Reutilizar – Reciclar.


Aspectos como planificar as comidas e a compra semanal, almacenar axeitadamente os alimentos seguindo as indicacións de cada un, aproveitar todas as partes dos alimentos ou practicar a cociña de aproveitamento (a partir de restos doutras elaboracións), poden supoñer un avance importante en termos de prevención de residuos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ao abeiro da ORDE do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de

recuperación, transformación e resiliencia, financiada pola Unión Europea NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page