top of page

O Concello de Silleda regulariza a cesión de terreos na rúa Pintor Colmeiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de regularizar a cesións de terreos que se precisaron para a apertura no seu día da rúa Pintor Colmeiro, no casco urbano de Silleda. A alcaldesa e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández Pena, asinou dito acordo de cesión con Gonzalo Trujillo Villadefrancos. Este veciño de Silleda cedeu no seu día unha parcela de 2.794 metros cadrados de superficie que pasaron a ser de dominio público ca apertura do vial.

A alcaldesa, Paula Fernández, que agradeceu en nome de todo o pobo de Silleda a Trujillo esta cesión sinala “que ca sinatura deste acordo se ven a regularizar esta cesión feita hai xa moitos anos e dar cobertura legal a cesión desinterasada feita por esta familia”, engade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Do mesmo xeito, Fernández Pena agradece todas as cesións feitas por veciños e veciñas de Silleda para o uso e disfrute público dos seus terreos, “xestos que en moitos casos posibilitan que esta localidade siga medrando a nivel urbanístico”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A día de hoxe, ademais das doazóns de terreo e cesións feitas para a apertura de viais, Silleda conta con terreos e parcelas co uso cedido para servizo público, caso de varios aparcamentos na vila de Silleda, a parcela da Petanca en Bandeira ou a que alberga o camping do Xacobeo en Bandeira, entre outras.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page