Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda vén de recibir a obra da nova casa consistorial do municipio, sita na rúa Progreso e con acceso tamén dende a rúa Morón.
Publicidade
A recepción levouse a cabo sen ningún tipo de obxección técnica e nela participaron as partes implicadas. Así, ademais da empresa construtora estiveron presentes os dous directores da obra, Dolores Miñarro e Javier Sancosmed, e por parte da propiedade o interventor, asistido na parte técnica por un funcionario da Deputación de Pontevedra, xa que o técnico municipal está de baixa médica.
Publicidade
Unha vez formalizado este trámite, procederase nos próximos días a facerse o traslado dos servizos a nova sede de forma progresiva, para interferir o menos posible na atención e prestación de servizos á ciudadanía.
Comments