top of page

O Concello de Silleda recibe a acreditación da Rede Galega de ‘Parques sen fume’

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Con esta iniciativa, o goberno municipal responde a un mandato directo dos plenos infantís nos que a cativada votou por isto


Ecos da Comarca/Silleda

A concelleira de Sanidade e Educación de Silleda, Ángela Troitiño, recolleu onte na Consellería de Sanidade a acreditación que incorpora a Silleda á Rede Galega de Parques sen fume. Con esta iniciativa, o Concello de Silleda responde a un mandato directo dos plenos infantís celebrados meses atrás, nos que as nenas e nenos dos centros educativos do municipio votaron para declarar os parques municipais como Espazos libres de fume. O acto celebrouse coincidindo co Día galego sen tabaco.

Os carteis que sinalan estas zonas libres de tabaco xa están instalados nos parques da praza Juan Salgueiro e da praza da Igrexa, en Silleda, e tamén na praza Juan Salgueiro, en A Bandeira. Esta acción enmárcase dentro do programa da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que busca fomentar espazos libres de tabaco nos concellos galegos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Silleda comprométese así a colaborar na difusión de materiais informativos e de sensibilización proporcionados pola Consellería de Sanidade. Ademais, o Concello organizará actividades dirixidas á sociedade en xeral para promover os beneficios dunha vida sen tabaco e apoiará iniciativas no ámbito escolar, incluíndo charlas e accións de concienciación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta acreditación, Silleda avanza na creación de espazos saudables e seguros para a veciñanza.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page