top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda realizará unha doazón económica para os damnificados polo volcán da Palma

A contía realizarase a través do programa Silleda Solidaria cunha axuda directa no número de conta habilitado polo Cabildo de Canarias para facer este tipo de aportacións


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda realizará unha doazón económica para axudar ás persoas damnificadas pola erupción do volcán na zona de Cumbre Vieja, en La Palma. Unha traxedia que está afectar a milleiros de familias.


A aportación municipal realizarase a través do programa Silleda Solidaria cunha axuda directa no número de conta habilitado polo Cabildo de Canarias para facer este tipo de aportacións.


Así mesmo, dende o Concello de Silleda, lémbrase a toda a veciñanza e entidades que queiran colaborar con aportacións solidarias que as doazóns se poden facer no número de conta habilitado polo Cabildo de La Palma: ES47 2100 9169 0122 0017 9456, poñendo no concepto “Donación Volcán”.


As persoas que queiran realizar a súa doazón a través de Bizum deben acceder á pestana 'Enviar donación'; e introducir o código 03747.


Dende o programa Silleda Solidaria non se descarta a realización de novas iniciativas solidarias e de apoyo ás persoas damnificadas por esta catástrofe natural, en función da evolución dos feitos e necesidades.



Renovación alumeado

O Concello de Silleda vén de renovar o alumeado no interior do auditorio municipal Manuel Dopazo da Bandeira. Nos últimos días levaronse a cabo os traballos para a substitución dos 12 focos do patio de butacas –que se renovaron con dispositivos LED- e tamén os situados no escenario.


Para a realización dos traballos, dada a altura do edificio, foi preciso alugar unha grúa específica. Tamén se substituíron os dispositivos de iluminación dunha das aulas, da Escola de Música Municipal, igualmente con focos LED.


Con esta dotación mellorarase este equipamento cultural, no que ademais de distintos eventos, teñen os seus locais de ensaio a Banda Recreativa e Cultural, os dous grupos de música e Baile Tradicional (Xirandola e Fortín da Pomba) e o Coro Vales Mahía. Nas aulas posteriores tamén se desenvolven as clases dun dos dous centros cos que conta a Escola Municipal de Música de Silleda.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page