top of page

O Concello de Silleda reafirma o seu compromiso coa integración laboral de persoas con discapacidade

A alcaldesa, Paula Fernández, asinou un novo convenio que lle dá continuidade a colaboración coa asociación Amicos


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda asinou a renovación do convenio de colaboración coa Asociación Amicos para fomentar o emprego das persoas con discapacidade, que este ano inclúe tamén como novidade o asesoramento laboral a persoas en situación de vulnerabilidade. O acordo oficializárono na Casa Consistorial a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e o coordinador de Amicos, Keltoi Camean, nun acto ao que asistiron tamén a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, e a educadora social Sara Blanco por parte do Concello, e o orientador Pablo Penide, por parte de Amicos.

Con este novo convenio con Amicos, entidade integrada por persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e dano cerebral e as súas familias, o Concello de Silleda reafirma o seu compromiso coa integración social das persoas con discapacidade e en situación de vulnerabilidade a través de programas de formación, orientación e intermediación laboral, así como coa priorización destes colectivos nos plans de emprego e nas convocatorias de selección de persoal municipais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O convenio dálle tamén continuidade a cesión a Amicos dun espazo na Casa da Xuventude de Silleda para prestarlle asesoramento ás persoas con discapacidade que demanden un emprego, servizo que funciona o primeiro venres de cada mes en horario de 9.00 a 14.00 horas.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A asociación colabora así mesmo nas accións de orientación laboral para colectivos vulnerables impulsadas polo Concello de Silleda, ademais de realizar campañas de sensibilización sobre as persoas con discapacidade intelectual e buscar fórmulas que faciliten a súa integración en todos os eidos.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page