top of page

O Concello de Silleda proxecta a mellora dos accesos ao núcleo de Sar, en Escuadro

A actuación, a través do Plan Camiña Rural, convocado pola Axencia Galega de Desenvolvemento rural, prevé intervir en dous camiños mellorando o firme e o drenaxe


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda incluirá no plan de mellora de viarios 2026-27 a actuación no núcleo de Sar, na parroquia de Escuadro, co obxectivo de seguir avanzando na mellora da rede viaria municipal no rural e atender as necesidades de comunicación e acceso da veciñanza. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar na súa última sesión o proxecto e o inicio do expediente de contratación desta obra.


A actuación, a través do Plan Camiña Rural -convocado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)- céntrase en dous camiños de titularidade municipal que constitúen os principais accesos rodados ao núcleo rural de Sar.O documento técnico sinala tamén que estes viarios soportan tráfico ligado á actividade agroganadeira da zona, especialmente de tractores e camións de transporte de animais e de alimentación animal, ademais de dar servizo a parcelas agrícolas e explotacións existentes na contorna.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O proxecto contempla a mellora do firme nos dous tramos nesta localidade e ademais, fresaranse os entronques con outras vías pavimentadas para igualar rasantes e mellorar a transición do tráfico.


Xunto á renovación do pavimento, o proxecto inclúe actuacións para mellorar o drenaxe longitudinal e transversal dos camiños, coa limpeza das cunetas existentes, o perfilado dos noiros e a execución puntual de cunetas revestidas en formigón en varios puntos do tramo principal. Este viario de acceso a Sar, enlaza ademais con dúas vías provinciais EP-6508 (Somoza-Escuadro) e EP-6515 (Senra-Escuadro), reforzando así a importancia desta intervención para mellorar a conectividade e as condicións de circulación nesta zona da parroquia de Escuadro.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O orzamento base de licitación, IVE incluído, ascende a 115.361,39 euros, cun prazo estimado de execución de dous meses.


Soldecasa, Cumbraos e Barreiro

Por outra banda, no Plan de Mellora Viaria 2026-2027 tamén inclue actuacións noutras vías de Escuadro. Así, están xa redactados proxecto para actuacións en Soldecasa, no núcleo de Cumbraos, e o vial entre Barreiro e A Cabana, para os que se está xa a buscar financiación.


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, subliña que esta actuación “permitirá mellorar de maneira notable uns accesos moi importantes para a veciñanza de Sar e para a actividade agroganadeira da contorna, dando resposta a unha necesidade real nun núcleo rural no que estes viarios cumpren unha función básica no día a día”.


A rexedora destaca ademais que “seguimos traballando para aproveitar ao máximo programas como o Plan Camiña Rural, que nos permiten continuar renovando camiños municipais e mellorando servizos básicos nas parroquias”. Fernández engade que “este tipo de investimentos son fundamentais para reforzar a seguridade, a comodidade e a funcionalidade da rede viaria no rural, contribuíndo tamén a fixar poboación e a apoiar a actividade económica ligada ao territorio”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta nova intervención, o Concello de Silleda continúa avanzando na mellora da rede de camiños municipais do rural, apostando por actuacións que reforzan a seguridade viaria, melloran os accesos aos núcleos de poboación e contribúen á conservación e modernización das infraestruturas básicas no territorio.


Con este mesmo programa de Agader tamén se melloraron o pasado ano a pista de A Laxe, en Oleiros; e anteriormente as de a de Xindiriz e Caxamaría en Moalde ou as de Balántiga, tamén na parroquia de Escuadro.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page