O ciclo, de balde, impartirase na Casa da Xuventude dende o 2 de setembro ata o 14 de outubro, en horario de 09:00 a 14:00 horas
Laura Moure/ Silleda
O programa Galegas Dixitais chega a Silleda a partir do vindeiro día 2 de setembro. Este programa de formación, dirixido a mulleres, abordará tres bloques temáticos, de 40 horas cada un. Así abordaránse cuestións como as competencias dixitais básicas , con coñecementos para o día a día); outras avanzadas, e tamén competencias dixitais para o emprendemento.

O curso terá lugar na Casa da Xuventude, en horario de 09:00 a 14 :00 horas, dende o 2 de setembro e ata o 14 de outubro. As mulleres interesadas poden xa incribirse no Centro de Información á Muller (CIM), chamando ao 986 592037, ou enviando un mail a cim@silleda.es. Esta formación inclue ademais un ordenador portátil de regalo para as asistentes.
Dende a Concellería de Iguadade, que dirixe Ánxela Troitiño, anímase ás veciñas de Silleda a sumarse ao programa mulleres dixitais, con financiación da Xunta de Galicia, a través dos fondos do Plan de Recuperación , Transformación e Resilencia do Estado.
Asímesmo, o curso inclue un título oficial acredita
Comments