top of page

O Concello de Silleda presenta hoxe á veciñanza de Chapa o proxecto de mellora viaria

A cita será ás 20:30 horas no local social


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca presentación do plan de mellora integral de vías que se materializará este ano un investimento total de máis de 1, 7 millóns de euros. Tal e como se avanzou no seu día, os proxectos que se levarán a cabo en varias parroquias, iranse presentando e licitando, mantendo tamén xuntanzas ca veciñanza para recoller as súas aportacións.

Despois das reunións levadas a cabo en Toiriz e Margaride, (cun proxecto que está xa en fase de licitación), a seguinte presentación terá lugar mañá xoves en Chapa. A cita será hoxe, xoves, no local social ás 20:30 horas.


Nesta xuntanza recolleránse as aportacións da veciñanza sobre o proxecto de mellora viaria en Chapa, cun investimento previsto de máis de 74.000 euros. Unha vez recollidas as necesidades desta localidade, os técnicos seguirán traballando no proxecto para a súa licitación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O plan de mellora integral inclue actuacións en 10 localidades. Así ademais dos núcleos de Toiriz e Toxa (en Silleda) e de Costela (Margaride) -.en fase de presentación de ofertas ata o vindeiro 7 de abril-; actuarase nas parroquias de Rellas, Xestoso, Cira, Piñeiro, Ponte, Abades, Dornelas e Manduas, con iniciativas que se irán presentando nas vindeiras semanas.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page