top of page

O Concello de Silleda presenta a proposta da valoración de postos da RPT ao comité de empresa

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Personal, Pili Peón, mantiveron un primeiro encontro, antes do proceso de negociación do documento


Laura Moure/Silleda

A elaboración da Relación de Postos de Traballos do Concello de Silleda avanzou este venres cunha primeira toma de contacto entre o goberno municipal e os integrantes do Comité de Empresa do Concello de Silleda. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Persoal, Pili Peón, mantiveron unha xuntanza cos representantes da plantilla municipal para avanzar a proposta da valoración de postos de traballo.


Agárdase que nas vindeiras semanas se comece o proceso de negociación, “no que queremos que sexa o paso definitivo para contar cunha RPT neste concello, logo de varios intentos fallidos”, indica o alcalde.


A elaboración do documento realízase desta vez con personal interno. Está previsto que despois deste primeiro encontro se convoque xa o calendario para iniciar os encontros da Mesa de Negociación cos representantes do personal municipal.

ree

Asistentes á reunión de negociación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page