top of page

O Concello de Silleda porá en marcha o Plan Municipal de Voluntariado

O documento servirá como guía no fomento da participación e colaboración da veciñanza tanto en actividades da entidade local como das distintas asociacións


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de lanzar o que será o primeiro Plan Municipal de Voluntariado, un documento que busca ser un referente para a colaboración altruísta mantendo tamén canles de comunicación cas entidades sociais e as persoas interesadas en realizar actividades de xeito voluntario.


Esta proposta xurde tendo en conta que o Concello de Silleda conta nos últimos anos con persoas que xa veñen desenvolvendo tarefas de xeito voluntario en distintos ámbitos (benestar social, programa Silleda Solidaria, actividades deportivas…) e a aparición de programas, como o da xestión de colonias felinas nos que a participación voluntaria é clave para o seu desenvolvemento, e no que a día de hoxe xa hai varias persoas inscritas.

“É un plan transversal, con actuación dende os distintos departamentos, que sentará as bases para regularizar a labor voluntaria de veciños e veciñas e entidades sociais”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, que lembra ademáis que a Axenda 2030 que se está a implementar en Silleda recoñece na acción voluntaria un “instrumento fundamental para incrementar a participación cívica, a inclusión social e a solidariedade”.


Concienciación e formación

Así mesmo, o plan servirá para concienciar á cidadanía da importancia de colaborar en accións de voluntariado, ademais de delimitar tanto as liñas de actuación como os seus eixos principais, que se centan na sensibilización, promoción, coordinación e formación no ámbito da acción voluntaria.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O plan establece en cada un destes eixos básicos, o seus obxectivos e as medidas que se

implementarán, así como as distintas áreas de actuación, entre as que figuran o voluntariado social, ambiental, cultural, deportivo, educativo, socio-sanitario ou de lecer e tempo libre, entre outros. Tamén se define o concepto de acción voluntaria, o papel da Administración local, tengo en conta as distintas normativas tanto estatais como autonómicas, e os dereitos e deberes das persoas voluntarias, entre outras.


Todas as persoas que desexen ser voluntarias no ámbito municipal de Silleda, colaborando en actividades tanto municipais como organizadas por outras entidades ou asociación, deberán de cubrir unha ficha de inscrición e pasarán a formar parte da bolsa de voluntariado. “Con esta iniciativa tamén poderemos poñer en contacto ás distintas asociacións que o soliciten cas persoas que desexen actuar a través deste programa”, sinala a alcaldesa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais da formación, tamén será clave a labor de difusión, polo que dende o Concello se

promoverá unha campaña de divulgación sobre o plan, fomentando a participación cidadá neste ámbito. Neste censo, o pasado mes de marzo, xa se levaron a cabo sesións informativas sobre as vantaxes do voluntariado nos dous centros de ensino de Secundaria do municipio.


O plan, que se poderá consultar tamén na web municipal, será un documento vivo, podendo incorporar novas propostas de mellora. Tamén se prevén actividades de concienciación e sensibilización e unha avaliación continua do mesmo.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page