Está previsto que se execute na semana do 17 ao 21 de outubro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda poñerá en marcha nas vindeiras semanas a que será a segunda fase do ano da Campaña de recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros de 2022, un servizo
gratuito para as explotacións do municipio. A campaña, organizada dende os departamentos de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen respectivamente Pili Peón e Jesús Taboada, está previsto que se execute na semana do 17 ao 21 de outubro.

As persoas interesadas en dispoñer deste servizo de recollida porta a porta, deben de chamar ao 986 580 000, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Deben indicar nome, enderezo, teléfono e ubicación dos plásticos. As solicitudes recolleránse ata o xoves día 13 de outubro.
Así mesmo lembrase que só se recollerán plásticos agrícolas e de invernadoiro, que hai evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos, deberán ter a menor suciedade posible, non poderán conter outras materias impropias como garrafas, fios de empacar, rodas, tubaxes de PVC, e ser depositados en
lugar libre de obstáculos, coma árbores , maquinaria etc. para facilitar a retirada.
Edición de folletos e bandos
Esta será a décimo cuarta edición desta campaña de recollida de plásticos, que se realiza en Silleda dúas veces ao ano, en primavera e no outono. Está previsto que nos vindeiros días se editen dípticos informativos para enviar aos domicilios, así como a colocación de bandos informativos para a veciñanza.
As campañas que se realizan en Silleda dende hai xa 14 anos son todo un éxito, cunha retirada destes elementos contaminantes moi significativa.
Comments