top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda pon a disposición da comunidade enerxética os tellados de edificios municipais

O servizo de recollida de papel-cartón porta a porta adiántase a hoxe


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa avanzando no seu plan de acción para a creación da primeira Comunidade Enerxética da Comarca do Deza a través do Programa Europeo EC4RURAL. Así, na primeira das reunións informativas para avanzar na creación da

mesma, e que se celebrou o pasado luns a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, anunciou que o Concello de Silleda porá a disposición da futura comunidade os tellados de edificios de titularidade municipal, para a instalación de placas solares.

Unha vez finalizada a fase de consultas a través de enquisas, con esta sesión comezou unha segunda fase para xerar o necesario compromiso social e a creación de redes de colaboración. Na sesión, cunha notable asistencia tanto de particulares como de

representantes de distintos colectivos, Fernández Pena lembrou os pasos dados polo Concello de Silleda nos útlimos na aposta polas enerxías limpas, con iniciativas como a dotación de estufas de pellets en todos os centros sociais do rural e edificios municipais, a creación da rede de calor con biomasa en 2018 ou a aposta urbanística co Plan de Mobilidade Sostible, ca reducción de emisións de carbono en actuacións como a da

rúa Progreso.


Na xuntanza participaron Xavier Simón Fernández, Catedrático en Economía Ecolóxica, Economía Aplicada da Universidade de Vigo e Ramón Rodríguez , Técnico de Espazo Coop, que detallaron as vantaxes da instalación de placas solares para a creación dunha comunidade enerxética.

Publicidade

Ademais de analizar datos como as potencialidades de Silleda en canto a luz solar, explicaron en detalle as vantaxes da creación dunha comunidade, incidindo no aforro económico, a aposta polo medio ambiente e os beneficios sociais. Na xuntanza, á que seguirán outras sesións, tamén se informou que as unidades que queiran participar (tanto particulares, como empresas como asociacións...) deben de estar nun radio de 2 quilómetros das placas instaladas en tellados ou 500 metros no caso das que se instalen en fincas.


“Para o éxito desta comunidade a participación activa, tanto de colectivos, empresas como de particulares, é imprescindible” indicou a alcaldesa, Paula Fernández Pena, quen animou aos presentes a continuar co proceso para crear en Silleda a que será a primeira Comunidade Enerxética Renovable (CER) da comarca de Deza.


Na xuntanza as persoas participantes tamén preguntaron dúbidas relacionadas cos compromisos das entidades membros, ou as conexións á rede de distribución de enerxía. O Concello de Silleda participa, xunto con outros 20 concellos de Galicia, Bélxica e Estonia no Proxecto EC4RURAL co que se pretende por en marcha a que sería a primeira Comunidade Enerxética da Comarca de Deza.


EC4RURAL é un proxecto europeo que, cun orzamento total de 1,60 millóns para o período 2023-2027, pretende contribuír á transición cara o consumo consciente de enerxías limpas, garantindo que as zonas rurais non quedar atrás nun cambio de modelo esencial no escenario climático actual. A Universidade de Vigo lidera este consorcio multidisciplinar formado por concellos de España, Bélxica e Estonia. En Galicia tamén participan a FEGAMP, a cooperativa Sapiens Energía, Unión EspazoCoop de Cooperativas Galegas e a Fundación Juana de Vega.


Por outra banda, o servizo de recollida de papel-cartón que se realiza porta a porta cada semana por parte de Silleda Sostible, adiántase a este mércores día 27, ao coincidir o venres, día habitual no que se fai a recollida, en xornada festiva.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page