top of page

O Concello de Silleda pide "máximo respecto" para a persoa que derrubou a golpes a balaustrada da Praza da Igrexa de Santa Olaia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Informa que o suposto autor padece unha enfermidade mental// O Concello presentará unha denuncia polos danos ocasionados


Ecos da Comarca/Silleda

Ante a expectación xerada, o Concello de Silleda decidiu emitir un comunicado para informar á veciñanza sobre os 𝐝𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐮𝐬𝐚𝐝𝐨𝐬 esta pasada madrugada do martes 28 de maio 𝐧𝐚 𝐛𝐚𝐥𝐚𝐮𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐚 P𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐚 I𝐠𝐫𝐞𝐱𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 𝐎𝐥𝐚𝐢𝐚, derrubada a golpes. "𝐏𝐫𝐞𝐠𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐦𝐚́𝐱𝐢𝐦𝐨 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐭𝐨 para a persoa involucrada e lembramos que 𝐚 𝐳𝐨𝐧𝐚 𝐟𝐨𝐢 𝐢𝐧𝐦𝐞𝐝𝐢𝐚𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐧𝐭𝐚𝐝𝐚 por seguridade e os operarios municipais están a retirar as pedras".

Este é o 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐢́𝐧𝐭𝐞𝐠𝐫𝐨 do Concello de Silleda:

"A persoa que foi identificada causando os danos padece unha enfermidade mental, polo que se apela á prudencia, ao respecto e á protección de datos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

O departamento municipal de 𝐁𝐞𝐧𝐞𝐬𝐭𝐚𝐫 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞𝐬𝐭𝐚́ 𝐚 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐮𝐧 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 desta persoa e xa informou da situación tanto á súa familia como a entidades sanitarias, sen que ata o momento se puidera propiciar un internamento. Tamén se lle notificou o caso á Fiscalía o pasado 14 de maio.


Nada máis ter coñecemento dos feitos, o Concello de Silleda precintou a zona por seguridade. Os operarios municipais están procedendo á retirada de todas as pedras danadas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫𝐚́ 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐝𝐞𝐧𝐮𝐧𝐜𝐢𝐚 polos danos ocasionados, que afortunadamente só afectaron bens materiais".



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page