top of page

O Concello de Silleda patrocina á saxofonista Ana Rivas que participará nun prestixioso certame

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Tal e como se acordou no último Pleno, aportará 2.000 euros para a expedición da intérprete silledense en outubro a Osaka


Laura Moure/Silleda

O alcalde en funcións de Silleda, Manuel Cuiña, vén de asinar ca saxofonista silledense Ana Rivas Gestal o convenio polo que a entidade local financiará con 2.000 euros a participación da intérprete silledense no Osaka International Music Competition, que terá lugar en outubro nesta cidade nipona.

A concelleira de Cultura en funcións, Mónica González, Ana Rivas e o alcalde en funcións, Manuel Cuiña

Tal e como se acordou na última sesión plenaria, aportarase esta subveción nominativa para apoiar a artista na súa participación neste prestixioso certame.


Formada na Escola de Música Municipal de Silleda e posteriormente no Conservatorio Superior de Badaxoz Bonifacio Gil , Ana Rivas formouse con prestixosos saxofonistas a nivel internacional como Marcus Weiss ou Marie-Bernardette Charrier.


Desde o pasado ano forma parte do Ensemble Prochain Arrêt, co que grabou o traballo titulado Prochain Arrêt... Mozart que se publicará proximamente.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ana Rivas amosou o seu agradecemento por esta aportación do Concello de Silleda, así como das entidades e persoas que colaboran con ela para poder sufragar os gastos da viaxe.


Pola súa banda, Cuiña destacou que a intérprete forma parte das “xeracións de músicos e músicas silledenses das que nos sentimos profundamente orgullosos e que seguen a levar o nome de Silleda por todo o mundo”, engadiu.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page