top of page

O Concello de Silleda outorga 5 novas axudas á creación de emprego, con máis de 8.000 euros

Con elas son xa 59 os proxectos subvencionados dende a posta en marcha deste programa no ano 2015


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda a través da Concellería de Emprego, que dirixe Pili Peón, vén de outorgar outras cinco novas axudas á creación de emprego, convocatoria que se abríu o pasado mes de abril, e que suman un total de 8.100 euros. Na última sesión da Xunta de Goberno Local aprobáronse estas axudas a outras tantas persoas que veñen de emprender distintas iniciativas empresariais.


Así, outorgouse unha axuda de 2.400 euros a Xisela Cerviño Oliveira, que abríu un establecemento de tatuaxes (por apertura de local, alta no Réxime de Autónomos e contratación de personal); outra de 1.800 euros para María Dolores Hermida Hermida, (por apertura de local de hostalería, alta no Réxime de Autónomos e parada de longa duración); 1.500 euros para Liliana Marlene Melgarejo, (por apertura de local de hostalería, e alta en Autónomos); outros 900 euros para Ana Belén Costoya Filloy, por darse de alta no Réxime de Autónomos como traballadora no sector de servizos forestais; e unha axuda de 1.500 euros para Alfonso Vázquez Trabazo por alta en Autónomos e apertura de establecemento adicado a albergue turístico.

Con elas son xa nove as axudas outorgadas no que vai de ano, sumando un total de 18.300 euros nesta anualidade. Deste xeito son xa 59 os proxectos empresarias subvencionados polo Concello de Silleda dende o ano 2015, cando se puxo en marcha este programa.


A convocatoria deste ano abriuse o pasado 20 de abril, logo da publicación das bases en febreiro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron na convocatoria de 2021. Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600 euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros. O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.


O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego iniciouse no 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I. Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais.


As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal ) ao igual que as bases e os anexos que hai que presentar para formalizar a solicitude.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page