top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Silleda organiza un obradoiro virtual para as familias con motivo do Día de Rosalía

Poderá seguirse nun enlace que se colgará na web municipal ata finais de

marzo. Os participantes elaborarán unha rosa con poemas da autora

Rosalía de Castro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura, organiza con motivo do Día de Rosalía un obradoiro virtual para as familias ca obra da autora como protagonista.


Dirixido por Barafunda, este obradoiro poderá seguirse dende o mércores 24, día no que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da autora de Follas Novas. Así, a través do enlace que se ubicará na web municipal, as persoas que participen recibirán as instrucións para seguir esta actividade. Precísase como material un folio, pincel, rotulador, tesoiras, pau de madeira, ceras, cinta adhesiva… entre outros. Con esta actividade os participantes elaborarán unha rosa de papel, na que se poderán ler versos de Rosalía de Castro.


Esta actividade súmase á proxección de textos da autora na noite do día 24, na fachada da Casa da Cultura, na praza Siñor Afranio, unha actividade que chega da man da Deputación de Pontevedra. Dende hai xa varios anos, en Silleda o Concello vén conmemorando o Día de Rosalía con distintas iniciativas.




0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page