top of page

O Concello de Silleda mellorará viais en Saídres, Breixa e Laro

Arranxaranse o acceso aos lugares de Breixiña, Maragouzos e Pereira


Laura Moure/Silleda

Foto de arquivo.

O Concello de Silleda porá en marcha o plan de mellora dos viales en tres puntos de acceso a lugares situados nas parroquias de Saídres, Breixa e Laro. Esta actuación enmárcase nunha convocatoria autonómica, dentro do Plan de rehabilitación de camiños en zonas de concentración ou restruturación parcelaria 2023-24, cofinanciado tamén a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Debido ao deterioro da capa de rodadura, procederase a arranxar o acceso de Breixiña en Breixa, o de Maragouzos en Saídres e o de Pereira en Laro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O investimento total será de 223.750,31 euros. A execución destas obras non será unha actuación illada, xa que o Concello continuará mellorando a extensa rede viaria de titularidade municipal.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nos próximos meses acometeranse tamén outras reformas en diferentes vías e infraestruturas ubicadas no rural silledense.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page