top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda mellora os vestuarios do campo de fútbol de Agronovo, en Laro

Nos vindeiros días comezarán no campo as obras para a instalación do alumeado, que se adxudicaron a Monte Faro Electricidad por 42.272 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca mellora das instalacións deportivas do municipio. Así, nos últimos días vén de rematar a mellora dos vestiarios en Agronovo, o campo do Laro C.F. Todo o interior das instalacións foi pintado de novo cas cores do conxunto local, unha actuación demandada pola entidade e que supuxo unha notable mellora destas dependencias.Tamén se fixeron arranxos nas porterías e se acometeron melloras no pozo que abastece de auga o campo.

A concelleira Mónica González con parte da directiva. do CF Laro

Estas melloras completaranse nas vindeiras semanas ca agardada renovación do sistema de iluminación do terreo de xogo, cun proxecto que –ao igual que no campo de fútbol de Lamela no ano 2019- se acometará a través do Fondo de Compensación Ambiental. O sistema actual, con moitos anos de antigüidade, conta cun grao lumínico deficiente que afecta ao correcto desenvolvemento de adestramentos e competición, ademais de presentar tamén numerosas deficiencias que afectan ao traballo do clube local e á seguridade das persoas usuarias. O campo pasará a contar con novas torretas de iluminación, utilizando luminarias LED e postes novos que substitúan aos actuáis, moi

deterioradas. As obras foron adxudicadas á empresa Monte Faro Electricidade S.L. U.,

por un importe de 42.272 euros.


Esta instalación foi remodelada no ano 2013 ca dotación de herba natural no terreo de xogo, entre outras melloras. Agora a través do Fondo de Compesación Ambiental que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio, e reequilibrio territorial, compensando a Silleda por contar con

instalacións eólicas, ampliaránse as melloras cun novo sistema de alumeado.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page