top of page

O Concello de Silleda licita tres lotes para a realización dos desbroces no rural

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As empresas terán dous meses dende o inicio para rematar os traballos


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local de Silleda aprobou onte a licitación de desbroces no rural. Para a realización destes traballos, que se realizan nos meses de verán, o termo municipal dividiuse en catro zonas, incluindo cada un deles a varias parroquias próximas. Dos catro lotes, tres saen a concurso –unha vez aprobados os pregos- e outro será realizado con personal municipal. O prezo de licitación total dos tres lotes é de 57.493,15 euros, IVE incluido.


As empresas terán un prazo máximo de dous meses para a execución dos traballos.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Dende o goberno municipal advirtese da extensa rede viaria de titularidade municipal ca que conta o termo de Silleda.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O prazo de presentación das ofertas, segundo recollen os pregos, é de 15 días naturais dende a publicación na plataforma de contratación do Estado.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page