top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda licita obras en vias do rural por máis de 3000.000 euros

Actuarase en varios accesos de Laro, Saídres e Breixa e tamén na pista de Rabo de Gato


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca mellora integral das principais vias e accesos no rural. Así, nos vindeiros meses acometeránse, con cargo a distintos plans varias actuacións en distintas parroquias que suman máis de 300.000 euros de investimento. Trátase de dous proxectos que están xa en licitación, a través de proceso aberto, rematando o prazo de presentación de ofertas o vindeiro día 10 de xullo (cun prazo de publicación na plataforma

de contratación do Estado de 26 días naturais).


Publicidade

En Moalde, a través do Plan Marco, levarase a cabo a mellora da pista de Rabo de Gato, vial que vai dende a N-640, no Alto de Xindiriz, ata o entronque da estrada que discorre pararela dende Cervaña. En total as obras afectarán a un tramo de case 2,4 quilómetros de lonxitude, vertebrando ademais os lugares de Xindiriz, Caxamaría e Rabo de Gato, nos que se mellorará notablemente o accesos aos mesmos.


Publicidade

O proxecto estima un orzamento base de licitación para o arranxo deste vial, de 115.980,92 euros. Tamén con cargo á axuda do Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de Concentración ou Reestruturación Parcelaria (2023-24), asumindo tamén a parte que lle corresponde ao Concello a través dos fondos de Máis Provincia, actuarase nas parroquias de Laro, Breixa e Saídres.


Publicidade

Na parroquia de Laro, farase a mellora do vial que dá acceso ao lugar da Pereira, en Saídres actuarase na pista de Maragouzos e no caso de Breixa, o vial do lugar de Breixiña. O proxecto ten un orzamento de 184.917,61 euros e a licitación está tamén aberta ata o vindeiro 10 de xullo.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page