top of page

O Concello de Silleda licita o arranxo histórico de viais no rural, con máis de 1,2 millóns de euros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As ofertas poden presentarse ata o vindeiro 24 de agosto


Laura Moure/Silleda

O procedemento para iniciar un novo e "histórico", segundo o Concello, proxecto de reforma viaria no rural está xa en marcha. Despois da aprobación dos pregos, a actuación está xa publicada na Plataforma de Contratación do Estado, cun orzamento de 1.248.132,72 euros, que se financiarán a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O expediente sae a concurso mediante procedemento aberto ordinario e a publicación na citada plataforma establece que as ofertas poden presentarse ata o vindeiro día 24 de agosto.


Estas actuacións, con cargo aos fondos do Plan Concellos da Deputación que lle corresponden ao municipio, están xa contempladas no orzamento municipal deste ano, e suporán a mellora doutros 17 tramos en distintos puntos do termo municipal, que suman –aproximadamente 20 quilométros de lonxitude. O prazo de execución dos traballos é de 4 meses.

Así, reformarase o vial da parroquia de Pazos dende a ponte do TAV ata o lugar de Quintás. Tamén en Martixe se mellorará todo o viario do núcleo de Martixe de Abaixo e en Manduas o lugar de Andamollo. En Carboeiro realizarase o tramo dende Carboeiro de Francia ata o acceso ao mosteiro e na Bandeira renovarase o firme do vial da Devesa, dende o Centro de Saúde ata o enlace ca pista de San Brais, en Chapa. Na parroquia de Parada as obras de mellora viaria afectarán a dous tramos que discorren entre os lugares de Mediodaldea e Outeiro. Tamén en Ponte se renovarán outros dous tramos: o que vai dende Vilar ata Rosende e que une esta localidade ca parroquia de O Castro, discorrindo paralelamente á AP-53.


En Moalde arraxaránse as pistas que dan acceso aos lugares de Meda e San Xosé, e en

Escuadro realizaránse obras nunha das pistas de maior lonxitude: o acceso a Paredes dende a estrada nacional 640. E na parroquia de Fiestras o proxecto inclúe o arranxo integral do vial do lugar de Barcia.


Trasfontao, Santa Mariña e Laro

Tamén en Silleda se levará a cabo a mellora do viario que da acceso a Trasfontao, dende a N- 525 ata o lugar de Costoia, xa na parroquia de Siador, ata o entronque co vial autonómico PO- 201. Outra das actuacións que completa este ambicioso proxecto levarase a cabo na parroquia de Graba, mellorando o acceso ao lugar de Santa Mariña, dende a estrada provincial a Forcarei ata esta aldea, pasando polos núcleos de Outeiro, Penalta e Fontao. Competa a dotación a parroquia de Laro co arranxo de dous tramos: o que vai dende Pelures a Forcas e dende este último lugar ata Sante.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“É un investimento histórico na extensa rede viaria do noso rural”, sinala o alcalde, Manuel

Cuiña, que lembra que “nunca se fixo un esforzo coma este na mellora integral das pistas do termo municipal, que entre este proxecto e o que vén de rematar, suporá a reforma de máis de 35 quilómetros na extensa rede viaria de Silleda”, engade.


Esta dotación vén sumarse a outra ducia de tramos que foron arranxados nas últimas semanas, tamén con cargo ao Plan Concellos da Deputación, cun investimento de case 600.000 euros, co arranxo en viais da Bandeira, Silleda, Dornelas, Taboada, Lamela, Ponte, Ansemil, Carboeiro, Cira e Taboada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page