top of page

O Concello de Silleda levará a pleno a proposta de adxudicación para as obras da rúa Progreso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Consistorio silledense.

O goberno municipal de Silleda convocou en días pasados a Comisión Informativa Especial de Contas, previa a unha sesión extraordinaria, na que se abordarán distintas cuestións. A comisión terá lugar este mércores. Así, na orde do día figura a proposta de acordo para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e xestión dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) ampliando o contrato á recollida de cartón, plásticos agrícolas e á xestión do Punto Limpo. A partir deste acordo, iniciaráse despois a redacción de pregos para a licitación do servizo e outros trámites.


Tamén se abordará na comisión informativa previa ao pleno a proposta de adxudicación para realizar as obras de mellora da mobilidade peonil na rúa Progreso, unha actuación á que se presentaron un total de cinco empresas, e que está cofinanciada polo IDAE.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page