top of page

O Concello de Silleda leva ao pleno a aprobación de inversións por máis de 400.000 euros

Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda someterá no pleno ordinario do próximo xoves día 27, a aprobación dun expediente de modificación de crédito por un importe total de 410.731,72 euros para o financiamento de varios investimentos, con cargo aos remanentes dos

que dispón o Concello.

A boa situación económica do Concello de Silleda permite que se poida acometer cuestións como a compra da vivenda situada no parque da feira de Bandeira, o que permitirá ampliar o espazo público, ademais de terminar cunha situación urbanística totalmente ilóxica. A vivenda foi taxada polos técnicos en 201.000 euros, unha cantidade sobre a que Concello e propiedade chegaron a acordo, e que agora o goberno eleva a Pleno para a súa aprobación.


Ademais, con esta modificación do orzamento, habilitaranse os recursos necesarios para poder realizar a achega municipal necesaria para completar a subvención que Silleda recibiu de Europa a través do programa DUS 5000, destinada á construción do camiño escolar seguro ao IES Pintor Colmeiro. Este investimento permitirá reparar integramente

a rúa Forcarei entre a zona do centro de saúde e a do Instituto, así como o camiño veciñal lindeiro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe lembrar que este proxecto é un dos que Silleda recibiu de Europa no último ano cun importe superior aos 400.000 euros dos que o Concello debe achegar 176.940,84.


Tamén se incorpora este expediente a compra dun vehículo eléctrico para o servizo de xardinería, financiado un 50 % pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental e que supón unha achega municipal de 26.291,78 euros.


Por último, esta modificación servirá tamén para financiar o aumento de orzamento das obras da plataforma do sendeiro do Deza, que supoñen 6.125,90 euros, e que vén derivado das diferenzas entre a memoria técnica inicial e a realidade final das obras. Esta actuación supuxo a instalación dun miradoiro sobre a Fervenza do Toxa, ademais da mellora da accesibilidade e seguridade de todo o primeiro tramo do sendeiro do Deza e a sinalización deste enclave cun alto valor paisaxístico e natural en plena Rede Natural, subvencionada tamén pola Xunta de Galicia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta modificación orzamentaria quedou dictaminada este venres na comisión informativa para o pleno de xeito favorable, con tres votos a favor (2 do PSOE e 1 do BNG) e 2 abstencións por parte do PP.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page