top of page

O Concello de Silleda lembra a prohibición de estacionar durante a fin de semana no desvío da N-525

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A estrada nacional cortase mañá venres pola tarde e estarao ata a madrugada do luns con motivo das Festas de Verán


Laura Moure/Silleda

A estrada N-525 ao seu paso pola localidade da Bandeira (Silleda) volverá pecharse ao tráfico un ano máis con motivo das Festas de Verán. O Ministerio de Fomento aceptou a solicitude formulada dende o Concello para proceder ao corte entre hoxe, venres día 19 ( a partir das 16:00 horas) e ata a madrugada do vindeiro luns 22. Dende o goberno municipal agradécese á Administración central que volvan permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade dada a gran afluencia de persoas que se achegan durante estes días á localidade.

Así mesmo, e ao igual que en anos anteriores, faise un chamamento á colaboración cidadá lembrando que está prohibido aparcar en todas as rúas nas que se habilitará o desvío (Fernando Penoucos, rúa do Parque e o tramo de Ramón de Valenzuela). Solicítase a colaboración cidadá para respectar as sinais de tráfico e lograr que as festas transcorran sen contratempos.


Ademais de bandos informando dos cortes tamén se colocarán avisos para lembrar aos veciños e visitantes a prohibición de estacionar nas rúas nas que se habilita o desvío durante as tres xornadas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén dende hoxe e ata a madrugada do luns quedarán cortadas ao tráfico, ademais da rúa Xeral, o tramo entre rúa da Empanada e rúa Lavadoiro; a rúa Lourás (no tramo dende a rúa do Parque ata a Xeral) ; e todas aquelas rúas que rodean a praza da Feira.


Por outra banda e como vén sendo habitual nos últimos anos, o luns día 22 será xornada de festivo local no municipio de Silleda con motivo das Festas de Verán da Bandeira.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page