top of page

O Concello de Silleda lamenta o pasamento do exconcelleiro Antonio Couso Álvarez

Faleceu aos 56 anos e foi edil entre o anos 2011 e 2013


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda lamenta o pasamento de Antonio Couso Álvarez, que faleceu

onte na súa vila natal aos 56 anos de idade, e trasládalle as condolencias a súa familia. Concelleiro en Silleda entre os anos 2011 e 2013, o funeral por Antonio Couso celebrarase mañá, día 23, na igrexa parroquial de Escuadro. A saída do velorio será ás 17:00 horas.

Antonio Couso. Fonte: Concello Silleda.

Traballador do sector lácteo e moi comprometido co desenvolvemento do rural, Antonio Couso colaborou co goberno municipal de Silleda na lexislatura 2007-2011, sendo delegado municipal na súa parroquia, Escuadro. En 2011 intégrase como membro da candidatura socialista que se presentou as eleccións municipais, conseguindo a acta de concelleiro, tras obter un grande respaldo na súa parroquia.


Con Paula Fernández como alcaldesa, Antonio Couso ocupouse das concellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Industria, destacando o intenso traballo que fixo en relación ao parque eólico Monte Festeiros, na creación do concurso de reciclaxe Reciclaula ou na demanda diante do Ministerio de Fomento para mellorar os accesos aos núcleos rurais.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

No ano 2013 Antonio Couso renuncia a súa acta de concelleiro e deixa a Corporación, coincidindo coa marcha de Paula Fernández ao Senado.


Os seus compañeiros de Corporación durante a súa etapa de concelleiro, así como os membros do actual goberno, trasládanlles as condolencias a súa filla e a súa nai, así como aos demais membros da familia de Antonio Couso. “Couso foi un gran compañeiro, que nos acompañou uns anos nesta tarefa tan incrible que é traballar para os demais”, asegura a alcaldesa, Paula Fernández, que o recorda como un grande amigo. “Merece todo o noso agradecemento por todo o que fixo polo pobo de Silleda”, asegura.


D.E.P.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page