O Concello de Silleda instala redutores de velocidade na rúa da Estación
- Laura Moure
- 15 feb
- 2 Min. de lectura
A actuación realizouse aproveitando os traballos das máquinas de aglomerado na praza Mestre Mateo
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda segue avanzando na mellora da seguridade viaria nos espazos urbanos. Así, nestes días seguiron avanzando as obras da actuación no entorno da praza MestreMateo, situada entre a confluencia das rúas Morón, Camiño do Castro, e Condes do Deza. Dita actuación, solicitada no seu momento pola veciñanza ao terse producido varias situacións de perigo nesta praza moi utilizada por nenos e nenos, ten como principal obxectivo reforzar a seguridade vial.
Publicidade
A actuación inclúe a dotación dun paso de peóns elevado, que está xa executado, no último tramo da rúa Morón, para minorar a velocidade de circulación. Tamén se colocou un redutor de velocidade preto da praza, no tramo de Camiño do Castro. Esta actuación de calmado do tráfico complementarase se tamén nos vindeiros días con nova sinalización horizontal, marcando con liñas o trazado deste entronque.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González, supervisaron os traballos xunto aos responsables da empresa adxudicataria. O axardinamento da praza, para mellorar visualmente o entorno e reforzar a seguridade nas horas de xogo na praza levarase a cabo con personal municipal nas vindeiras semanas.
Así mesmo, na xornada do xoves, e aproveitando que as máquinas de asfaltado estaban no entorno -cuestión que abarata os custes de obra- levouse a cabo tamén a dotación de redutores de velocidade na rúa da Estación, no primeiro tramo accedendo a Silleda dende O Castro.
Con esta medida, dende o Concello vense a dar resposta a unha vella demanda da veciñanza desta avenida, un dos principais accesos á capital municipal, onde se teñen detectado casos de exceso de velocidade, co perigo que supón para moitos viandantes que utilizan este tramo.
Kommentare