top of page

O Concello de Silleda instala “bancos peregrinos” en varios puntos do Camiño de Santiago

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Con esta iniciativa tamén se dinamiza o territorio dende o punto de vista turístico, con Códigos QR nos que se pode descargar información sobre o municipio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar a colocación dos chamados “Bancos Peregrinos” en varios puntos do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. Estes elementos de mobiliario urbano ubicaránse en Trasfontao, Silleda, na Bandeira, e nas parroquias de Piñeiro e Dornelas.


Esta iniciativa ten como obxectivo tamén potenciar a imaxen turística do municipio e ao mesmo tempo facilitar ás persoas visitantes e peregrinos información sobre o municipio mediante a descarga dun Código QR. Os bancos sitúanse en puntos polos que atravesa a ruta xacobea en Silleda, onde conflúen ademais do Camiño do Sudeste (coñecido como

Vía da Prata) o Camiño de Inverno.


Información con códigos QR

Además, este novo mobiliario tamén está pensado para ser puntos de información turística do municipio. A través dun código QR os peregrinos e visitantes en xeral poderán acceder a unha web con información sobre o patrimonio e lugares de interese do municipio silledense. Tamén se engadirá un enlace á web municipal, no apartado de turismo para acceder á información e contacto dos establecementos de hostalería e aloxamentos en Silleda.


O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, destaca o aumento que se vén constatando este verán tanto do número de persoas que peregrinan a Compostela como de visitantes en xeral, a raíz das estatísticas cas que conta o Punto de Información Turística situado no mosteiro de Carboeiro. “A instalación destes bancos supón unha oportunidade para seguir

promocionando o noso municipio”, engade o rexedor.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page