O Concello de Silleda inicia no lugar de Toiriz a presentación dos proxectos de mellora viaria no rural
- Laura Moure
- 14 feb
- 2 Min. de lectura
A veciñanza coñeceu o avance dos traballos previstos que mellorarán o acceso a todos os núcleos do lugar, unha obra que se inclÚe no acordo respaldado por toda a Corporación para investir 1, 7 millóns de euros na mellora integral de vías do rural
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de iniciar no lugar de Toiriz, pertencente á parroquia de Silleda, o plan de mellora integral de vías que se materializará este ano con cargo ao préstamo por valor de 1.750.000 euros, -con cargo aos remanentes municipais- froito do acordo do grupo de goberno e o Bloque Nacionalista Galego que logrou o respaldo de toda a Corporación Municipal.

Tal e como se avanzou no seu día, os proxectos que se levarán a cabo en varias parroquias, iranse presentando e licitando, mantendo tamén xuntanzas ca veciñanza para recoller as súas aportacións. A primeira delas tivo lugar en Toiriz, onde se arranxarán tanto o vial vertebrador, que conecta dúas vías provinciais como os accesos a todas as vivendas, nalgún caso en tramos de formigón, dadas as características e dimensións dos mesmos.
Publicidade
Unha vez recollidas as necesidades desta localidade, os técnicos seguirán traballando no proxecto para a súa licitación. O seguinte dos proxectos en presentarse afecta aos núcleos de Toxa, tamén en Silleda e Costela, en Margaride. “Con este acordo poderemos atender as necesidades prioritarias en varias parroquias”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.
Melloras en Manduas e Refoxos
Por outra banda, nos vindeiros días comezarán os traballos de mellora viaria en Refoxos e Manduas, con cargo aos fondos que lle corresponden ao Concello do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Así, máis de 350.000 euros ao arranxo de varios viais nestas parroquias.
En San Paio de Refoxos, melloraranse os accesos a prácticamente a totalidade dos núcleos, con actuacións en A Pallota, Xastres, O Outeiro, Cardesin, Lázara, A Calzada e O Couto. Algúns deles a mellora será con formigonado dos viais e noutros con asfaltado en quente, incluindo varios tramos do vial principal que vertebra esta localidade.
En Manduas, o proxecto inclue tamén a actuación na pista entre A Moa e Quintela con actuacións a maiores en todos os viais adxacentes.
Comentários